top of page

COLONIAS E REFUXIOS

Nesta sección poderás encontrar información sobre ambos recursos, dende o seu funcionamento ata como colaborar con eles, e moitas máis cuestións relacionadas.

Os animais son uns dos máis fieis acompañantes dos cidadáns. Cando estes se preocupan polas súas mascotas e lles dan todos os coidados pertinenetes, a convivencia (neste caso, de cans e gatos) no ámbito urbano dase sen maiores problemas. Os inconvenientes xorden cando a responsabilidade das persoas non é suficiente para tratar ao seu can, neste caso, ou cando os gatos silvestres, que nunca viviron nun ámbito doméstico, supoñen algunha incomodidade aos cidadáns que habitan no mesmo lugar que eles.

Ante estas dúas problemáticas aparece a solución dos refuxios de animais e das colonias felinas.

Colonias

IMG_3683.CR2

Casetas da colonia de Rúa do Espirito Santo en Santiago de Compostela

As colonias felinas defínense, segundo a nova lei de Protección Animal, como "un grupo de gatos comunitarios vinculados entre si e, en especial co territorio no que habitan e no que teñen os recursos de subsistencia". Os obxetivos das colonias céntranse en que os seus integrantes estean en boas condicións hixiénico-sanitarias, censados, identificados (con microchip a nome do concello ao que pertencen), ben alimentados e coidados, con lugar seguro onde durmir e asistencia veterinaria en caso necesario. Preséntanse coma un recurso para evitar confrontacións  

entre animais e veciños, mais a existencia de colonias felinas pode ocasionar un exceso de caza de paxaros, problemas de insalubridade ou superpoboación, se non se segue o protocolo CER (Captura, Esterilización, Marcaxe e Retorno), polas súas siglas no inglés.

En Santiago de Compostela, a Asociación Micos do Barrio é unhas das entidades encargadas da xestión das colonias felinas, que comparte con outras asociacións sen ánimo de lucro e, en menor medida, coa colaboración do Concello. De feito, segundo a voluntaria encargada da colonia de Avenida de Salamanca, o papel do concello de Santiago nas colonias é nulo, quedando reducido a ofrecer o servizo do laceiro nos días laborais. 

Localización das colonias en Santiago de Compostela

20221104_133444.jpg

Colonia de Avenida Salamanca en Santiago de Compostela

Segundo declara a voluntaria, todos os gastos derivados das colonias cúbrenos os particulares e as asociacións, sen ningunha aportación por parte do Concello, que se involucrou nesta iniciativa en situacións moi puntuais. 

O financiamento destas asociacións chega mediante a venda de obxectos de segunda man, doazóns e a venda de rifas.

A primeira colonia estableceuse no barrio de Fontiñas a finais de 2014 e, a partir dela, foron xurdindo outras moitas, ata acadar hoxe case a trintena. De todas elas, encárganse voluntarios que coidan e alimentan aos gatos, ademais de levar un control sobre a saúde ou a propia vida dos animais.

Refuxios

Para atender a cans e gatos en situación de abandono ou perigo, o Concello de Santiago tomou a iniciativa de crear xunto con outros colectivos ecoloxistas e de defensa animal a Fundación Refuxio de Animais. A partir desta naceu o Refuxio de Bando, situado ás aforas de Santiago, que acolle animais de todos os concellos que pertencen á Fundación (Santiago de Compostela, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro e Val do Dubra.). Esta finánciase á súa vez mediante aportacións dos Concellos e doazóns, colaboracións, apadriñamentos ou servizos realizados no Refuxio. 

Localización do Refuxio de Bando

O Refuxio serve de albergue transitorio para os animais perdidos ou abandonados dos concellos mencionados, e comprométese a mantelos desparasitados, vacinados, identificados con microchip e esterilizados. Pois o fin da súa estadía é atopar os seus donos ou un novo fogar a través da adopción. Outras opcións son os apadriñamentos ou acollidas de animais. Ao cargo do Refuxio de Bando está un equipo de profesionais, formado por unha directora, unha veterinaria, cinco coidadores e unha administrativa. Eles ocúpanse de que os animais do Refuxio estean correctamente identificados, desparasitados e teñan acceso aos coidados que precisen. E tamén informar ás Administracións competentes da recollida de calquera animal con chip para poder atopar ao seu dono o antes posible.

logo bando.png
28AF573C-8594-40D1-987B-8D3FB8EEFAF6.jpeg

Reportaxe Xéneros

©2022 por Reportaxe Xéneros. Creado con Wix.com

bottom of page