Para moitas familias, os seus animais de compañía convértense nun membro máis, dándolle todos os coidados, tempo e inversión económica que precisan. Non obstante, as cifras de abandono animal continúan sendo alarmantes en España.
Só en 2021, preto de 280.000 animais foron abandonados en España segundo o estudo da Fundación Affinity e Ecoloxistas en Acción. Con estes datos, España acada unhas das taxas de abandono de animais máis altas, por riba dos 700 diarios. Supón unha lixeira baixada respecto ó 2020, un 0,2% menos, cando tras a corentena moitos animais foron abandonados.
No caso galego, a asociación Libera cifra en 27.000 os abandonos no territorio durante o 2021. É unha práctica que non parece atopar limite, pois nos últimos cinco anos creceu un 42%. Esta organización calcula que se precisan entre 300 e 400 euros para facer fronte aos costes de recollida, manutención, atención veterinaria básica e identificación de cada animal abandonado.
En canto ás razóns de abandono, o estudo de Affinity rexistrou que o principal motivo son as camadas non desexadas, pero dispárase ao 55% no caso dos gatos. Entre outras motivacións, atópanse os problemas de comportamento do animal ou a perda de interese nel. Mais a segunda razón de abandono, no caso dos cans, trátase do fin de tempada de caza, cando moitos cazadores desfanse dos que non lle deron rendemento ou simplemente non queren encargarse dos gastos e coidados que supón un animal destas características.
Proxecto de Lei de protección, dereitos e benestar dos animais
Coa lexislación actual, gran parte dos animais recollidos poden regresar cos seus donos grazas aos microchips. De feito, se o animal conta con microchip, a lei obriga a publicar no BOE ou notificar ao dono da recollida da súa mascota e se non acode en 10 días, pasa a considerarse un abandono.
O proxecto de lei de protección, dereitos e benestar animal vai máis alá e ten como unha das súas metas o abandono 0, como defende o seu impulsor Sergio García Torres, o director xeral de dereitos dos animais. Ademais, Rubén Pérez, director da fundación Frans Weber, explica que a lei reforza a obrigación dos concellos de recoller aos animais que se encontran neste estado de abandono e darlles os coidados pertinentes mediante o organismo adecuado.
Non obstante, Para lograr este obxectivo, o texto define como infracción grave o abandono de un ou máis animais. Ademais, se o abandono se produce en condicións nas que podan perigar a súa vida ou a súa integridade, o responsable será castigado cunha multa de un a seis meses ou traballos en beneficios da comunidade dun a tres meses.
